Coñece a obra e traxectoria do pintor Xurxo Martiño

Coñece a obra e traxectoria do pintor Xurxo Martiño

Un íntimo paseo ao longo da súa carreira profesional

Ver obra

A obra pictórica do pintor compostelán

Unha liña temática integra a obra pictórica de Xurxo Martiño: a marcada polo interese que se centra no cotián, na representación do contexto urbano, na topografía habitada e construída. A súa obra captura lugares recoñecibles mediante un realismo certeiro, mais pondo a énfase na súa liberdade expresiva por medio do fragmento aplicado ao espazo, á arquitectura e ao propio proceso creativo como punto de arranque da composición. Leva a cabo este proceso de deconstrución da imaxe mediante a descomposición da forma e da cor, para así poder atrapar o movemento, o tránsito e o bulir diario, como anacos de humanidade, redutos íntimos unidos a esas estruturas físicas e inertes.

Una línea temática integra la obra pictórica de Xurxo Martiño: aquella marcada por el interés en lo cotidiano, en la representación del contexto urbano, en la topografía habitada y construida. Su obra captura lugares reconocibles a través de un realismo certero, pero poniendo el énfasis en su libertad expresiva mediante la fragmentación aplicada al espacio, a la arquitectura y a su propio proceso creativo como punto de arranque de la composición. Lleva a cabo este proceso de deconstrucción de la imagen mediante la descomposición de la forma y del color para poder atrapar, de ese modo, el movimiento, el tránsito y el bullicio diario, como pequeños trozos de humanidad, reductos íntimos apegados a tales estructuras físicas e inertes.

A obra pictórica do pintor compostelán
Currículo vítae de Xurxo Martiño

Currículo vítae de Xurxo Martiño

Caxadas-Vimianzo (A Coruña), 1964

1996

Primeiro premio no XIII Certame de Pintura do Concello de Cambre.

Premio-adquisición IV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo.

1994

Primeiro premio no I Certame de Artes Plásticas José Malvar para Novos Valores.

1991

Premio-adquisición II Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo.

1988

Premio no Certame de Arte Xove, Vigo.

Estás interesado nunha obra de Xurxo Martiño?
Contáctao para máis información

Se queres adquirir unha obra ou coñecer máis en profundidade o traballo do autor, non dubides en poñerte en contacto con el. Resolverá todas as túas preguntas.

686 455 762

Estás interesado nunha obra de Xurxo Martiño? Contáctao para máis información

Aproximación formal

A última obra do autor en Galería Trinta

O valado é unha construción tradicional en vertical non moi alta, composta polos materiais da zona na que se atopa. Poden ser pedras, barro, terra, restos arbóreos, táboas, arames. No valeón engádese profundidade porque se parte dunha gabia e predominan os terróns e a raigame e a vexetación circundantes. En calquera dos casos cérrase ou delimítase un solo agrícola xa de por si fragmentado que mostra unha determinada estrutura da propiedade que nos definiu como sociedade durante séculos.

O valado físico é funcional. Compartimenta. Separa. Delimita o propio do alleo. Debuxa lindes e fronteiras. Apropia paisaxe pero non amura. Non é unha parede imposible de atravesar senón que remarca un espazo que se pode bordear, saltar ou traspasar. E para iso, abríanse ocos no propio muro, construíndo portelas e habilitando pasos abertos e pequenas estadas que permitían o paso por eses territorios sen portaxe.

Pero esa pegada humana no territorio convértese indefectiblemente nun construto emocional porque identifica unha realidade que desapareceu, ubicada temporalmente no mundo da infancia do pintor. Un tempo mítico, por tanto. No presente, imaxes e palabras evocan pero non definen porque a realidade á que se ancoraban desapareceu. Esa forma de compartimentar os bens, as propiedades, o que che pertence de maneira individual ou familiar, forma parte dunha realidade etérea, vaga, que se perde e se fusiona co mundo creativo. Na que non hai cerrado que a conteña ou delimite porque o recordado e a realidade teñen unha fronteira difusa. Un espazo no que realidade e imaxinado coexisten.

O xogo da repetición e a variación é tan fundamental aquí coma nos procesos creativos dun determinado tipo de música ou de poesía onde hai que establecer un equilibrio inestable, ás veces imposible, entre unha mera repetición, entre a reiteración pura, e unha variación. Sutil ou completa pero variación. De aí o xogo de facer e desfacer ata o esgotamento. De ser sempre o mesmo e ser sempre un diferente. Cada información adicional modifica a precedente e constrúe, elemento tras elemento, un valado, unha parede, unha carcasa, un envoltorio do que somos, quizais, pero que nunca é o mesmo. Cada información adicional ou cada nova mirada sobre algo que coñeciamos establece unha premisa nova que afecta tanto ao resultado coma ao punto de partida. E de cada superposición de materiais arrinca un camiño inédito nunha cadea sen fin.

O proceso de enfiar e superpoñer papeis pintados, con cortes, raias ou xeometrías conleva, case sorpresivamente, un ritmo sostido e pausado. E esta cadencia non narrativa de encaixar e soterrar liñas, trazos e evocacións acaba atopando un sitio para a palabra e convertendo o cadro nun mosaico sinestésico. Son obras que, despois dun tempo, retornan á bidimensionalidade encaixando o resultado da indagación artística en parámetros enmarcables e convertidas en poemas visuais nos que (re)construír, capa a capa, o pensamento antropolóxico de Xurxo.

Luz Varela

Algunhas das últimas obras do pintor compostelán

Coñece en profundidade o traballo de Xurxo Martiño

Cal é o estilo artístico das súas obras?

O estilo de Xurxo Martiño móvese dentro da xeometría.

Que temas son recorrentes na súa obra?

Partindo de elementos da paisaxe tanto urbana como rural, busca un equilibrio de ritmo natural mediante fórmulas matemáticas, usando principalmente a proporción áurea. Destaca o ritmo orgánico que se xera a través da xeometría, trazos verticais, horizontais e oblicuos conviven co obxectivo de crear un entramado dinámico que loite contra o estático dos corpos representados.

Cales son as influencias artísticas ou culturais máis importantes na súa traxectoria?

Todas as disciplinas artísticas inflúen na súa traxectoria. Pero non menos importancia teñen os oficios ou artesanías á hora de pensar ou construír formas.

Que técnicas e materiais emprega con maior frecuencia?

Os materiais que adoita empregar nas súas obras son madeira, papel e tea como soporte ou para técnicas de colaxe e no referente ás pinturas, emprega pinturas á agua principalmente acrílicas, tintas, lapis e rotuladores como material gráfico e serigrafía como técnica de impresión.

Que papel xoga a arquitectura na súa pintura?

A arquitectura ten importancia como imaxe, tanto o proxecto como a obra executada e interese plástico, nunca como resolución arquitectónica.

Como evolucionou a súa obra ao longo dos anos?

Ó longo do seu percorrido artístico as paisaxes tanto urbanas como rurais, seguiron un proceso de transformación dende unha representación máis fiel ó modelo ata unha deformación analítica de imaxe da que parte.

Onde se pode ver a súa obra actualmente?

A obra de Xurxo Martiño está dispoñible tanto de forma virtual como presencial, en diferentes coleccións públicas e privadas e na galería Trinta coa que traballa.

Colabora con algunha galería ou institución específica?

Si. A obra actual de Xurxo Martiño pódese ver na galería Trinta, coa que adoita traballar.

Que papel ten a docencia ou formación artística no seu día a día?

A docencia ten un papel moi grande xa que Xurxo Martiño traballa en Altaira Arte e Ensino, unha academia de pintura en Santiago de Compostela. Para o pintor compostelán ensinar e aprender teñen unha relación estreita xa que si ensinas es capaz de aprender.

Como poden poñerse en contacto con Xurxo Martiño?

A través do correo electrónico xurxomartinho@gmail.com ou mediante o teléfono 686 455 762.

Contacta con Xurxo Martiño para descubrir a súa última obra

Se precisas máis información ou achegarte á obra deste pintor compostelán, non dubides en poñerte en contacto con el.

Contacta para saber máis